venres, 31 de xaneiro de 2020

sábado, 16 de novembro de 2019

Vigo Recicla co Dinoseto

Esta semana os alunmos/as de 3º e 4º de primaria recibimos a visita do Dinoseto e do
Dinosetiño, os cales nos ensinaron a importancia da reciclaxe. Ademais , tamén nos deron uns agasallos moi fermosos. Moitas grazas pola visita!!

Compartir:

xoves, 14 de novembro de 2019

Obradoiro "EcoPercusión"

O alumnado de sexto de Primaria asistiu a un obradoiro de percusión con instrumentos feitos de materiais reciclados e produtos de refugallo, como cubos de plástico, bidóns de plástico e baquetas de madeira. Este taller foi impartido por Didier Díaz Madan, instrumentista de percusión profesional cunha longa experiencia na formación en percusión. A ecopercusión é unha ferramenta socioeducativa que permite traballar a creatividade e aprender unha serie de ritmos como pode ser a batucada (un ritmo brasileiro de influencias africanas) ou outros moi diversos.













Compartir:

luns, 28 de outubro de 2019

Visita "O tesouro das Cíes"

Reportaxe fotográfica documental da participación do alumnado de 5º e 6º EP do CEIP Coutada Beade na actividade O Tesouro das Illas Cíes da Concellería de Educación do Concello de Vigo.






























Compartir:

venres, 27 de setembro de 2019

Xadrez na escola

Ao longo deste curso o alumnado de Primaria vai ir iniciándose pouco a pouco no dominio do xadrez. Faráse de maneira transversal e interdisciplinar como con robótica e programación. Aquí vemos unha mostra deste deporte en 6º de Primaria.





Compartir:

luns, 23 de setembro de 2019

Proxectos curso 2019-20

Benvid@s de novo un curso máis a esta revista dixital. O noso centro participa este curso en numerosos proxectos entre os que se atopan o noso Proxecto Documental Integrado (PDI) sobre a cidade de Vigo. Tamén traballaremos cun proxecto de innovación educativa sobre a Programación e a Robótica que iremos implantando ao longo do curso. E por último introduciremos o Xadrez na escola para iniciar ao alumnado neste deporte tan bo para a mente.




Compartir: